Etiquetas

martes, 1 de diciembre de 2015

Será na Galiza nosa...



Dende O Porriño a Moaña,
Pasando por Redondela,
O mar afonda tesouros
E a terra amosa riquezas.
Será polas choivas verdes
Ou polas blancas mareas,
O caso é que incluso o aire
Envolve de maxia e lenda…

Haiche Galiza no mundo
E no mundo din as lenguas
Que si aquí te achegas muito,
¡pérdete, xa non te arredas!
Será que prenden as falas,
Será que temos cadeas
Nesta Galiza de arrastre
De redes ou de rabelas.

I, ¡ai!, que dixen mundo porque
No mundo queren galegas
E galegos pra faceren
O que aquí xa non lles deixan.
Será que aquí nos adoitan
A crecer as malas herbas
E nós, que somos naturais,
¡ala, deixamos que crezan!.

O caso é que fumos paso
Para a historia das Américas,
E que somos paso agora
De aventuras e promesas.
Será logo que nos pasan
Por enriba e de maneira
Que somos pasto de “nónadas”
Que engordan nas nosas leiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario