Etiquetas

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Apolo na cuna...



Si o Oráculo de Delfos me viñera
A predecir un tempo de fortuna…
Diríalle o mesmo que me dixera
Apolo cando me veu ver á cuna

“Non busques que o destino che apareza,
Só agarda que o corazón lata forte
Pra que a túa alma endexamáis esqueza
Que ha de primar o amor antes que a morte”.

“Así que non te empeñes de futuro,
Inspira, esforza a vida do Presente.
O que está lonxe,… é víctima do escuro
E o que está preto,… é para o ser lucente.”

“As armas que che vou dar, en sostén
A túa vida, son as miñas artes;
Con elas, fareite un home de ben
Pra que xamáis a inspiración descartes.”

“Se Valente e leal pero primeiro,
Cédelle o teu amor a unha muller
Que, chegado o día, te vexa enteiro
Ainda cando ti non te deixes ver.”

GRACIAS, ANDREA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario